Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN ANTE O CONCELLO EN REPULSA DOS ATENTADOS DE PARÍS
Integrantes da corporación local, vecinos e veciñas gardaron un minuto de silencio ante a porta do Consistorio
Narón, 15 de novembro de 2015. Representantes de todos os grupos políticos da corporación local, co alcalde, José Manuel Blanco, á cabeza, asistiron á concentración convocada polo Concello en repulsa dos atentados do pasado 13 de novembro en París, nos que faleceron máis de 120 persoas e outras 200 resultaron feridas, un centenar de gravidade. Á convocatoria acudiron tamén veciños e veciñas que coa súa presenza quixeron sumarse á condena dos ataques terroristas. A concentración tivo lugar ás doce do mediodía ante a porta de acceso ao Concello e os asistentes gardaron un minuto de silencio en recordo das vítimas e como mostra de solidaridade coas súas familias e co pobo francés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal