Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS DO PROGRAMA "CEMIT RURAL 2016"
As matrículas formalízanse nos locais sociais, donde se desenvolverán as clases entre os meses de febreiro e maio
Narón, 17 de xaneiro de 2016. Os locais sociais da zona rural acollerán, a partir do vindeiro mes de febreiro, cursos gratuítos de informática. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que a iniciativa enmárcase na programación “Cemit Rural 2016” e que se desenvolverá ata o vindeiro mes de maio. As sesións impartiranse a grupos de dez persoas, aínda que poderían ampliarse ata doce no caso de que as dúas restantes leven ordenadores portátiles ás sesións, xa que nos locais sociais hai dez equipos. As persoas interesadas en anotarse poden facelo nos locais sociais de San Mateo, San Xiao, Doso, Castro, Pedroso e O Val. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. “Unha das novidades deste ano é que foron os propios veciños e veciñas da zona rural os que nos indicaron que tipo de cursos querían que se impartiran nos respectivos locais sociais”, explicou Natalia Hermida. En San Mateo haberá clases de Iniciación na navegación e de Iniciación á informática para nenos e nenas de Primaria; en San Xiao, un Curso Básico de Fotografía –Photoshop libre: Gimp- e outro de Habilidades dixitais básicas. Este último convócase tamén nos locais sociais de Doso, Castro Pedroso e O Val e no mesmo os asistentes aprenderán a manexar diferentes programas –Word e Power Point- e tamén a navegar por internet e a utilizar o correo electrónico. Os cursos programados no marco deste programa “Cemit Rural 2016” teñen unha duración, en conxunto, de 452 horas. As clases desenvolveranse en todos os grupos en horario de tarde excepto no caso do curso solicitado en San Mateo para nenos e nenas de Primaria, que será os sábados –o resto son entre o luns e o venres- e polas mañás. A edil de Novas Tecnoloxías destacou que se trata dunha iniciativa “coa que desde o Concello apostamos por achegar as novas tecnoloxías á zona rural e, ao tempo, evitar que os residentes nas diferentes parroquias deses núcleos de poboación teñan que desprazarse ata a zona urbana para asistir a este tipo de formación”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal