Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO FESTIVAL DE COMPARSAS DO ENTROIDO ESTARÁ ABERTO DO 25 AO 29 DE XANEIRO
Poderán participar no evento un máximo de dez formacións, sete de Narón e tres doutras localidades
Narón, 21 de xaneiro de 2016. O día 25 de xaneiro abrirase o prazo de inscrición para participar no Festival de Comparsas de Entroido organizado polo Padroado da Cultura, que terá lugar o vindeiro 6 de febreiro. A vicepresidenta do Padroado e edil de Cultura, Marián Ferreiro, explicou que se poderán inscribir ata sete comparsas de Narón e tres doutras localidades e incidiu en que a selección das participantes se realizará por rigorosa orde de inscrición. As formacións interesadas dispoñen de prazo ata o 29 de xaneiro para anotarse, debendo facelo no Pazo da Cultura, en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 –é preciso entregar seis copias das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa-. A concelleira de Cultura indicou que, a diferencia doutros anos, “nesta ocasión variouse o percorrido que realizarán as comparsas, que partirá da Praza da Constitución, na Solaina, ás cinco da tarde e cuxos integrantes irán a pé ata o Pazo da Cultura, onde ás seis comezará o propio festival”. O tramo a percorrer discurrirá pola Avenida da Solaina, a avenida de Santa Icía, a estrada de Castela e a rúa Reis Magos. Unha vez no Pazo da Cultura, as comparsas terán un tempo máximo de dez minutos para as súas actuacións, que deben tratar obrigatoriamente sobre temas locais do Concello e empregar o galego. Un xurado designado polo Padroado da Cultura para a ocasión outorgará tres premios, que consistirán nunha figura do Entroido. Para a concesión dos mesmos teranse en conta factores como: a orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica feita na actuación, a calidade musical e o que a representación supoña de cara á recuperación do Entroido en Galicia. Así mesmo, entre as novidades deste ano está, explicou Marián Ferreiro, o incremento das contías que percibirán tanto as comparsas de Narón como as de fóra, que subirá 100 e 50 euros, respectivamente. “O feito de ir incrementando as axudas destinadas ás formacións responde ao firme apoio do Concello a este evento, cunha gran traxectoria na localidade”, asegurou Ferreiro. A edil agradeceu a colaboración de todas as persoas que participan nas comparsas deste certame e tamén á organización, “pola súa implicación ano tras ano, que é imprescindible para que o Concello poida seguir gozando tanto dos desfiles por rúas da zona urbana como das orixinais interpretacións que se suceden durante o Festival de Entroido e as que a maiores realizan algunhas destas formacións durante a tempada de Entroido en diferentes locais deste e doutros municipios da zona”. O Padroado da Cultura asigna unha axuda económica a todas as comparsas, recibindo as de Narón 600 euros e as de fóra ou convidadas 300 euros cada unha. Así mesmo, indicou, as agrupacións locais que participen no programa de dinamización da hostalería e do comercio durante o Entroido percibirán unha aportación económica a maiores de 100 euros por día de participación, ata un máximo de 200 euros. Os días 4 e 6 de febreiro as comparsas amenizarán as rúas da localidade, interpretando os seus temas nos diferentes establecementos de hostalería e comerciais e tamén haberá actuacións nos locais sociais, para así fomentar os actos de Entroido nas diferentes parroquias naronesas. En canto ao Festival de Entroido, a vicepresidenta do Padroado de Cultura subliñou o feito de que “son moitas as comparsas que cada ano se interesan por participar neste evento e a todas e cada unha delas quero agradecer especialmente o seu interese”.
Descarga de archivos
PERCORRIDO DAS COMPARSAS
Tamaño:67,70 KB
BASES FESTIVAL DE COMPARSAS DE ENTROIDO
Tamaño:73,65 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal