Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INVESTIRÁ UNS 83.000 EUROS NA MELLORA DE BEIRARRÚAS E VIAIS EN PIÑEIROS
Os traballos proxectados na rúa Vaqueira están en execución e tamén se actuará na zona da urbanización de Profeco
Narón, 23 de xaneiro de 2016. O Concello de Narón destinará unha partida que ronda os 83.000 euros ás obras de dotación de servizos e remate de calzada na rúa Vaqueira e ao reforzo da pavimentación na urbanización de Profeco, ambas intervencións na zona de Piñeiros. O alcalde, José Manuel Blanco, a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse ata a citada parroquia para comprobar o avance dos traballos da rúa Vaqueira, actualmente en execución. O concelleiro de Obras explicou que na citada rúa, en sentido baixada, á man esquerda se está acondicionando a beirarrúa con cargo a unha partida que suporá ás arcas locais un desembolso duns 53.000 euros. No que respecta ao lateral dereito do citado vial –en sentido baixada- estanse instalando as canalizacións dos servizos básicos e, ao tempo, indicou o edil, mantéñense conversas cos propietarios do edificio alí localizado (aínda en construción) para tratar de chegar a un acordó que permita habilitar ese tramo de beirarrúas, pendentes de rematar. A maiores, procederase a reforzar o pavimento do vial da urbanización de Profeco, tamén na zona de Piñeiros. Neste caso, indicou Mauriz, actuarase nas rúas Río Vespasante, Río Foxo e Río Deza e nos seus accesos. Estes viais, feitos no seu día con formigón, presentan na actualidade un firme bastante deteriorado debido ao tránsito de vehículos, polo que desde o Concello se proxectou esta actuación de mellora, que suporá un investimento de aproximadamente 30.000 euros. Mauriz incidiu en que desde a concellería de Obras “continuaremos executando este tipo de intervencións, moi necesarias, e que progresivamente se irán proxectando naquelas zonas do municipio donde así o requiran o estado tanto das beirarrúas como dos viais”.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es