Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA UN MUSICAL E UNHA OBRA DE TEATRO INFANTIL
A compañía Culturinter interpretará o día 13 "El musical de Abba" e Talía Teatro representará na xornada do 14 "Rosa caramelo e outras historias"
Narón, 10 de febreiro de 2016. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dúas actuacións. A primeira terá lugar o sábado, día 13, e correrá a cargo da compañía Culturinter, que representará “El musical de Abba”, unha homenaxe ao recoñecido grupo sueco. A cita, dirixida a todos os públicos, comezará ás 20.00 horas. O prezo das entradas para ver o espectáculo é de 18 euros no caso de mercalas de xeito anticipado e de 22 o propio día da actuación. Na xornada do domingo, día 14, as citadas instalacións culturais municipais acollerán unha representación teatral dirixida ao público infantil. Nesta ocasión a protagonista será a compañía Talía Teatro, que representará “Rosa caramelo e outras historias”, unha obra contra os estereotipos de xénero escrita por Adela Turín e dirixida por Paula Carballeira. A cita será a partir das 18.00 horas e terá unha duración aproximada de 45 minutos. A peza narra a historia de Margarita, unha elefanta que non consigue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo e cuxo problema se solventará cando os seus pais desistan desa idea. Os actores Arturo Trillo e Fernando Fraga representarán unha montaxe de catro historias nas que a música xogará un papel fundamental. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal