Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A MOSTRA INTERACTIVA DO RIO XUVIA INAUGÚRASE O VINDEIRO LUNS EN ALDEA NOVA
O Concelleiro de Medio Ambiente presentou esta iniciativa, pola que pasarán máis de 1.000 escolares de Narón nas vindeiras catro semanas.
Narón, 15 de Febreiro de 2008.- O Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou hoxe en rolda de prensa a Mostra interactiva sobre o Río Xuvia, que ten coma obxectivo divulgar o valor desta cuenca fluvial, que forma parte do Espazo Natural protexido da Rede Europea Natura 2000. Organizada polo Servizo Sociocomunitario Municipal, a mostra está dirixida a escolares de Narón con idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos, e estará aberta no recinto de Aldea Nova (Sedes) dende o luns 18 de Febreiro ata o próximo 14 de Marzo. O Concello agarda que 1.200 rapaces de Narón visiten esta exposición interactiva, para o cal se lles ofrecerá transporte gratuito dende os seus colexios ata o parque temático de Aldea Nova. Unha vez no lugar, os escolares dividiranse en dous grupos de 25 persoas cada un deles e mentras o primeiro visita a mostra fotográfica cun educador, o outro adicarase a realizar obradoiros de traballo (sobre cantos de paxaros, rastros e aves e mamíferos, erosión e deforestación, e recoñecemento de prantas e animais) e viceversa. En total, neste programa participarán dous psicólogos, dous educadores ambientais, dous operarios de loxística organizativa, un conductor de autobús e un coordinador da mostra. A Mostra interactiva sobre o Río Xuvia divídese en catro grandes áreas: identificación e descripción da cuenca fluvial do Río Xuvia, arbores e prantas da ribeira fluvial, fauna da ribeira fluvial, e interpretación do medio e da pegada humana. Empregaranse diferentes soportes físicos para amosar a riqueza natural e paisaxística deste lugar, coma maquetas, posters, mosaicos e paneis fotográficos. Esta iniciativa, que tamén está aberta ós cidadáns de Narón, pretende estimular a curiosidade polos animais e prantas da ribeira fluvial de Xuvia, así como os diferentes tipos de peixes (troita, reo, salmón e anguía) que habitan no seu río. O orzamento total ascende a 12.000 euros, e segundo recordou o Concelleiro de Medio Ambiente, trátase dunha mostra “moi interesante, e que ó ser interactiva logo poderemos cedela a outros municipios. De feito, xa mantivemos unha xuntanza cos concellos de As Somozas, Moeche, A Capela e San Sadurniño, e este último xa a ten solicitada”, engadiu. Ademáis, cóntase coa participación das seguintes entidades, que cederon material para a mostra: Centro Nacional de Educación Ambiental do Ministerio de Medioambiente (que aportou material fotográfico), Sociedade Galega de Historia Natural, Sociedade de Caza e Pesca Río Xuvia, Asociación de Paxaros Silvestres da Faisca, e a empresa Sedega, que facilita os monitores.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal