Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECE Á XUNTA UN TERRENO EN SAN XIAO DE NARÓN PARA CONSTRUIR UN CENTRO DE DÍA
Narón, 22 de Febreiro de 2008.- O Concello de Narón ven de ofrecer á Vicepresidencia de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Galicia un terreno de propiedade municipal, situado en San Xiao de Narón (Xuvia), para construir un centro de atención para persoas dependentes. O goberno local responde así con rapidez á oferta realizada pola Xunta de Galicia –a través dun fax recibido no Concello o 19 de Febreiro- no que se comunicaba que o goberno autonómico estaba a construir centros de día para persoas dependentes, e se pedía ó Concello que contactaran con eles. O Alcalde, Xoán Gato, enviou hoxe mesmo ó Director Xeral de Acción Social, Bieito Seara, un escrito no que se pone a disposición da Xunta una parcela de 5.070 m2 de perímetro regular, cun anexo de 9.130 m2 “que sería axeitado para complementar os servizos e zonas verdes que se necesitasen”, dí a carta. O Concello destaca tamén que nesta zona estase a desenvolver un Plan Parcial, dentro do que se están executando os viais e urbanizando a parcela, polo que podería otorgarse licenza de xeito inmediato. Esta parcela está comunicada por transporte público urbano e colinda coa vía da estación de FEVE de Xuvia. Ademáis, nas súas proximidades ten outra parcela de 15.000 m2 de edificabilidade, que o Concello vai destinar á construcción de vivendas de promoción autonómica. O Alcalde pídelle ó Director Xeral de Acción Social da Xunta, de quen depende esta proposta, que estudie o tema e ofrezca “unha resposta o máis axiña posible, sobre a aceptación desta oferta pola súa parte, para poder planificar o resto de equipamentos noutras zonas do municipio”, dí Xoán Gato en referencia a un novo centro de saúde, ou un pavillón polideportivo cuberto. A primeira Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, explicou que coas características que ten esta parcela, poderá conseguirse unha zona acolledora para persoas dependentes. “A súa ubicación é moi boa, porque se descentralizan os servizos e apóstase así por vertebrar o municipio”, dixo. Díaz engadíu que con esta axilidade na resposta dada polo Concello “se amosa que temos unha preocupación e un interés moi grande polos servizos sociais, e que estamos aquí para mellorar a calidade de vida dos cidadáns”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal