Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A REPRESENTACIÓN DA OBRA "2021. UNHA ODISEA NA TERRA" INAUGURA A VIII MOSTRA DE TEATRO AMADOR EN SAN XIAO
A posta en escea da primeira obra terá lugar o 3 de abril no local social de San Xiao, onde este mes se representarán varias pezas teatrais no marco desta convocatoria, organizada polo Padroado da Cultura de Narón coa colaboración da AVV Ceibe San Xiao
Narón, 1 de abril de 2016. O Padroado de Cultura do Concello de Narón organiza, en colaboración coa Asociación de Veciños Célibe de San Xiao, a oitava edición da Mostra de Teatro Amador. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que o programa comezará a desenvolverse este domingo, día 3, no local social da parroquia, onde se representará a obra “2021. Unha odisea na Terra”, escrita e dirixida polo naronés José Luis Prieto Roca e na que actuarán alumnos da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. A posta en escea desta peza, dirixida para o público familiar e infantil e na que colabora o equipo de Educación Vial do Concello, comezará ás sete da tarde e a entrada será de balde, ao igual que o resto de espectáculos desde ciclo. A programación continuará o 10 de abril, xornada na que o Grupo de Teatro da Pombiña de Pedroso representará “A pastilla milagrosa”, escrita e dirixida por Bety Couce e destinada a todos os públicos. O día 17 de abril será o turno do grupo Oquetiqueiras, que porá en escea “Selfie”, dirixida a maiores de 12 anos. O último espectáculo do programa desta oitava edición da Mostra de Teatro Amador na parroquia de San Xiao será o domingo 24 de abril. Alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón representará “Non sempre chega o bus”, tamén para todos os públicos. A concelleira de Cultura destacou o traballo de todos os grupos que participan nesta Mostra e animou aos veciños e veciñas de Narón a acudir a estas representacións que, subliñou, “supoñen unha boa oportunidade para achegar o teatro á veciñanza”. Ferreiro avanzou que se trata de obras dirixidas a públicos de diferentes idades e valorou a posibilidade de poder organizar un ano máis este evento, comprometendo o respaldo do Concello a este tipo de iniciativas.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es