Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SEGUNDO ESPECTÁCULO DO FESTIVAL DO MONÓLOGO TEATRAL "SINGULAR" NO PAZO DA CULTURA
José L. Esteban interpretará "El arte de las putas, una historia de amor" o 8 de abril a partir das 20.30 horas
Narón, 7 de abril de 2016. O Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acolle o 8 de abril o segundo espectáculo incluído no Festival do Monólogo Teatral “Singular”, organizado conxuntamente polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora teatral Eme2. “Arte de las putas, una historia de amor”, peza protagonizada por José L. Esteban, chegará ás instalacións do Pazo da man de Jotacción a partir das 20.30 horas. O espectáculo, dirixido ao público adulto, ten unha duración de algo máis dunha hora. Neste tempo o público presenciará unha obra que remontará ao público aos clásicos, a esas historias que os nosos ancestros queren transmitirnos e na que non faltarán o humor, a ironía e a música. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. O Festival do Monólogo Teatral “Singular” inaugurouse o pasado venres, día 1 de abril, con “Monólogo do imbécil”, escrito e dirixido polo naronés José Prieto e protagonizado por Xosé Antonio Touriñán. Este ciclo impulsado desde o Padroado da Cultura e Eme2 rematará o vindeiro 22 de abril.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal