Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE A ESTREA DA OBRA "ANFITRIÓN OU, E TÍ QUÉN VES SENDO?" DA COMPAÑÍA TALÍA TEATRO
Haberá dous funcións este fin de semana: o venres ás 20:30 horas e o sábado ás 20 horas.
Narón, 28 de Marzo de 2008.- A Concelleira de Cultura de Narón, Manuela Pérez Sequeiros, presentou onte en rolda de prensa a estrea teatral da obra “E ti, quen vés sendo?” que está producida pola compañía Talía Teatro. Nos últimos días, os actores e actrices deste espectáculo ensaiaron no propio Auditorio, e hoxe acompañaron á Edil e ó director da peza teatral –Cándido Pazó- na súa presentación ante os medios. Manuela Pérez Sequeiros expresou unha vez máis o apoio do Concello de Narón ó mundo do espectáculo en xeral, e ó do teatro en particular. Cándido Pazó agradeceu ese apoio constante, e explicou que a comedia que se estrena este fin de semana en Narón –o venres ás 20:30 horas, e o sábado ás 20 horas- é un espectáculo pensado para que a xente pensé, ría e se divirta. O elenco está formado por dez actores e actrices (entre eles Artur Trillo, Gustavo G. Dieste, Toño Casais e Xurxo Barcala) que interpretan a unha banda de persoas “sin teito” que se reúnen para realizar unha obra de teatro, concretamente unha versión do “Anfitrión de Plauto” nun albergue de acollida. Por un desencontró coa dirección do centro, deciden seguir os ensaios pola súa conta e o montaxe da célebre obra acaba derivando por insospeitados camiños. Esta comedia ten unha duración de unha hora e 20 minutos, e está dirixida a maiores de 14 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal