Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA CON ALCER EN VARIAS ACTIVIDADES PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DE PERSOAS CON ENFERMIDADES CRÓNICAS
O edil de Sanidade, Octavio Dopico, anunciou que o 3 de xuño se celebrará un obradoiro de Nutrición e Saúde na sala de conferencias da Biblioteca municipal
Narón, 31 de maio de 2016. A Concellería de Sanidade de Narón colabora coa Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer) no desenvolvemento de varias actividades no municipio enfocadas á mellora da calidade de vida en persoas con enfermidades crónicas. O edil da área, Octavio Dopico, anunciou que o 3 de xuño, celebrarase un Obradoiro de Nutrición e Saúde na sala de conferencias da Biblioteca municipal. A alumna de Nutrición Lorena Afonso será a encargada de impartir unha charla, a partir das 10.30 horas. A actividade, tal e como recordou Dopico, está aberta aos veciños e veciñas interesados en asistir. O concelleiro de Sanidade recordou que o proxecto “Bule con Alcer” iniciouse na localidade o pasado mes de febreiro. A promoción da actividade física, a interacción social e o desenvolvemento persoal en grupos de traballo forman parte dos obxectivos desta iniciativa, coa que tamén se fomenta a realización de exercicios que proporcionan beneficios físicos, psicolóxicos e sociais entre a poboación destinataria. As clases impártense os martes e xoves de 10.30 a 12.00 horas no Centro Cívico Social de Xuvia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal