Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO EN REPULSA DO TIROTEO DE ORLANDO
Persoal da corporación local e traballadores e traballadoras do Concello gardaron un minuto de silencio para condenar a masacre
Narón, 14 de xuño de 2016. Representantes políticos e municipais do Concello de Narón, encabezados polo alcalde, José Manuel Blanco, sumáronse hoxe a unha concentración silenciosa convocada ante as portas do Consistorio como mostra de solidaridade coas vítimas do tiroteo rexistrado no Clube Pulse de Orlando (Florida), na madrugada do pasado domingo. O acto tivo lugar ás doce do mediodía e os asistentes gardaron un minuto de silencio en repulsa da masacre, na que morreron un total de 49 persoas e resultaron feridas outras 53. O autor dos disparos, Omar Siddique, de 29 anos, foi abatido a tiros pola policía tras cometer a barbarie, pasadas as 05.00 horas, tres máis tarde de iniciarse a matanza. Nese momento no interior do clube había unhas trescentas persoas.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es