Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A POLICÍA LOCAL DESEÑA UN NOVO PLAN DE ORDENACION VIAL ANTE A PRÓXIMA APERTURA DO RAMAL DA AP-9 Ó SEU PASO POR A GÁNDARA
Narón, 9 de Abril de 2008.- Os Concelleiros de Seguridade Cidadá (Guillermo Sánchez Fojo) e Obras (Carlos Ramil) asistiron onte á presentación do novo Plan de Ordenación Vial de A Gándara, realizado pola Policía Local de Narón e que xa está disponible na páxina web do Concello (www.naron.es). Segundo recalcou Sánchez Fojo, a nova ordenación vial que se aplicará coincidindo coa apertura ó tráfico do ramal da autoestrada AP9 en dirección a A Gándara deseñouse “priorizando a seguridade dos peatóns que circulan pola zona”, dixo en especial referencia ós alumnos da Escola Infantil Municipal (EIM) de A Gándara, e tamén ós alumnos do Colexio Público de A Gándara, e do Colexio Santiago Apóstol. Para informar ós veciños sobre esta nova ordenación vial, a Policía Local está a realizar durante esta semana unha serie de charlas informativas nas que se lles amosa a través dun equipo informático as posibles rutas que poden elexir para desprazarse polo barrio. O mércores 9 de Abril estarán na EIM de A Gándara (ás 18 horas) e o xoves 10 de Abril no CEIP de A Gándara (ás 17 horas). Respecto ás queixas dalgúns veciños pola nova ordenación vial, o Concelleiro de Seguridade Cidadá dixo comprender “que a xente tarde un tempo en habituarse ás novas normas, pero deben ter en conta o traballo que se fixo dende a Policía Local, priorizando a seguridade, e tendo en conta a fluidez do tráfico e o estacionamento”, recalcou Sánchez Fojo. O Edil apostou por esta nova medida para solucionar a circulación viaria, na cal se invertirán perto de 12.000 euros en sinalización. “Creemos que esta sinalización é a máis acertada, pero estamos dispostos a mellorala si vemos que fai falla”, engadíu. A pesares da nova ordenación vial, se manteñe a dirección das seguintes rúas: Rosalía de Castro, María Pita, Goya, Marín, As Pontes, Ferrol, e rúa da Paz. Cambia a dirección das rúas Vigo, Nicasio Pérez, Pintor Sotomayor, Mendiño, Mugardos, Cabañas, Alvaro Cunqueiro, Vilalba, Vilavella, e Catro Camiños. As rúas Colmeote e Bispo Argaya cambian de dirección en algún tramos, mentres que en outros se manteñe o doble sentido de circulación. Serán de doble dirección a rúa Concepción Arenal, Eduardo Pondal, a Estrada de A Gándara, a Avenida Rafael Bárez, e a rúa Igrexa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal