Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTOS Ó TRÁFICO OS RAMAIS DA AP-9 EN DIRECCIÓN A XUVIA E A GÁNDARA
O Concello desprazou a sete axentes da Policía Local para garantizar a seguridade vial nos accesos ós ramais e tamén nas zonas aledañas, coma o barrio de A Gándara.
Narón, 15 de Abril de 2008.- Ás doce do mediodía de hoxe, tal e como se anunciou onte por parte do Concello e do Ministerio de Fomento, quedaban abertos ó tráfico os ramais da autoestrada AP9 en dirección a Xuvia e O Couto. Tan só varios minutos despois, os vehículos circulaban con total fluidez por estos viais, cuio percorrido conxunto suma cinco kilómetros de lonxitude. Os concelleiros de Obras Públicas e Seguridade Cidadá, Carlos Ramil e Guillermo Sánchez Fojo, asistían hoxe á entrada en servicio destas novas infraestructuras, ó mesmo que o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita. Os representantes políticos voltaron a pedir prudencia e paciencia ós conductores e peatóns, agora que xa entrou en vigor a nova sinalización vial. Para garantizar a seguridade dos conductores e dos peatóns, a Policía Local manterá de xeito permanente e durante dez días a un total de sete axentes, que se desprazarán ó longo de estos dous tramos, como xa o fixeron hoxe. A zona de A Gándara está a ser a máis reforzada por parte da Policía e tamén da agrupación de voluntarios de Protección Civil. Catro dos seus membros axudarán ós axentes a informar tanto a conductores como a peatóns sobre os cambios de sentido e de circulación que rixen dende hoxe en A Gándara. Dende o Concello se lembrou que a entrada en servicio de ambos accesos á AP9 supón un gran avance para as comunicacións viarias deste municipio, que acumulaban un importante retraso de máis de tres anos. Estas obras supuxeron unha inversión total de 66,8 millóns de euros, cofinanciadas entre o Ministerio de Fomento e a Unión Europea. A súa entrada en servicio permite a conexión directa dos distintos polígonos industriais e comerciais coa autoestrada, que ten características de autovía urbana. O novo vial consta de tres tramos claramente diferenciados. O primeiro une a Estrada da Trincheira coa Glorieta de A Gándara, o segundo a Glorieta de A Gándara co enlace de O Couto, e o terceiro o enlace de O Couto coa zona de O Ponto. En total, executáronse cinco pasarelas, oito pasos inferiores, unha pérgola e un viaducto. Tamén foron instalados diferentes elementos (como pantallas acústicas absorbentes, ou plantación de especies arbóreas autóctonas) para minimizar os impactos negativos que puidera producir o novo vial sobre o medio ambiente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal