Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADA A I GALA DO COMERCIO DE NARÓN, QUE TERÁ LUGAR O 24 DE MAIO NA PRAZA DE A GÁNDARA
Narón, 9 de Maio de 2008.- O Concello de Narón ven de presentar ante os medios de comunicación a primeira Gala do Comercio, que terá lugar o sábado 24 de Maio a partires das 20 horas, na Praza de A Gándara. Este evento, que conta cun orzamento de 50.000 euros, está organizado polas Concellerías de Promoción Económica, Festas e Ocio, e Protocolo, en colaboración coa Alcaldía de Narón. O rexedor municipal, Xoán Gato, destacou hoxe a importancia desta iniciativa xa que “Narón necesita darse a coñecer a sí mismo e a fora. Hoxe en día, o noso comercio ofrece a mesma calidade e variedade que o de outros concellos máis grandes, e seguramente a mellor precio”, dixo. Pola súa banda, a delegada de Festas, Mª del Mar Gómez, declarou que con esta iniciativa “ampliamos o abano de posibilidades de ocio en Narón”. A I Gala do Comercio consistirá nun desfile de moda no que participarán perto de 30 comercios de Narón, de todo tipo. “Haberá moda infantil, de adulto, xuvenil, deportes, festa, noivas, lencería e floristerías, entre outros”, sinalou a delegada de Promoción Económica, Angeles Díaz. A Concelleira recalcou que a entrada ó evento será libre e gratuita e que o aforo é de 1.500 persoas, para o cal a organización instalará un número de cadeiras semellante. Para poder levar a cabo a Gala, instalarase na Praza de A Gándara unha carpa climatizada na que se realizará o desfile, a cargo de modelos de todo tipo. Haberá maniquíes profesionais, e tamén veciños/as de Narón que se subirán á pasarela de xeito desinteresado. Ademáis, haberá pases de roupa de tallas grandes (44-46-48) A Gala do Comercio se levará a cabo en colaboración coa Asociación de Veciños de A Gándara, e dende o Concello se invitará a asistir a diferentes autoridades e cargos institucionais. Angeles Díaz recordou que este evento enmárcase na liña de traballo que ven desenvolvendo a Concellería de Promoción Económica dende a súa creación, en Outubro de 2007. A este respecto, o Alcalde engadiu que a intención do goberno local é realizar unha actividade de promoción do comercio local coincidindo con cada unha das estacións do ano. Xa se fixo a Campaña de Navidade no 2007, en primaveira será a Gala do Comercio, e para outono está prevista a presentación dunha páxina web sobre o comercio de Narón. Ademáis, durante a celebración da Gala do Comercio, haberá unha importante sorpresa que de seguro recibirá o respaldo de tódolos comerciantes do municipio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal