Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SEDES ACOLLE ESTE FIN DE SEMANA A 10ª EDICION DA FEIRA DO CAN DE CAZA
Por primeira vez introdúcense dúas novas categorías no concurso: damas e xuvenís.
Narón, 13 de Maio de 2008.- A Concelleira de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez Casal, presentou hoxe a 10ª edición da Fiera do Can de Caza, que terá lugar os días 17 e 18 de Maio no Recinto Feiral do Trece (Sedes). Este evento está organizado pola Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos” de Sedes, en colaboración co Concello de Narón e outras entidades. Gómez Casal animou a tódolos veciños do municipio a achegarse este fin de semana á parroquia de Sedes, para participar no evento que nesta 10ª edición conta con dúas novidades: unha exhibición de coches antigos (a cargo do Clube Clásicos Narón) e outra de coches sen carnet de “Motos Rey”. Estas mostras se realizarán na mañá do domingo, cando tamén se poderá contemplar unha exhibición de cans de parada a cargo de Jorge Martín Sánchez, campión do mundo nesta modalidade. . Pero antes, o sábado terá lugar o concurso de caza San Huberto (no que participarán 40 cans) e o Rastrexo de Xabarín (onde hai 50 cans inscritos). Cada unha destas probas conta con cinco premios, que van dos 150 € ós 50€ máis o correspondente trofeo. Por primeira vez, amplíanse as categorías da competición, engadindo dúas novas modalidades: dama e junior. A organización premiará tamén ás mellores camadas de rastreixo e mostra, ó mellor exemplar da feira, ó mellor exemplar de raza autóctona e ó mellor can de cada raza presente na feira. As inscripcións poderán realizarse ata o día 14 de maio, no teléfono 981 368 432 ou ben a través de Internet na seguinte dirección: www.sedes-naron.com O director do concurso e xuiz da Feira, Xosé Lugrís, explicou que esta é “unha das mellores feiras de caza de Galicia, e Narón é un dos concellos desta comunidade que máis se implica”, asegurou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal