O I ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE DE NARON CONGREGOU NA PRAZA DE GALICIA A DIVERSOS COLECTIVOS XUVENÍS
Realizaron demostracións de freeride, graffitis, música, malabares, patinaxe, moda e capoeira.
Narón, 9 de Xuño de 2008.- A Concelleira de Mocidade e Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida Rico, destacou o éxito de participación no primeiro Encontro Local da Mocidade Enlomos, que se celebrou o pasado 7 de Xuño na Praza de Galicia, en horario de 10 a 20 horas. O evento organizado polo Concello de Narón reuníu a un centenar de xóvenes que realizaron demostracións das actividades que practican a cotío no municipio, e que son as seguintes: freeride, graffitis, música, malabares, patinaxe, moda, e capoeira.
O Encontro da Mocidade tivo lugar na Praza de Galicia, nun escenario ó aire libre no que se habilitaron espazos diferenciados para cada unha das demostracións. Resulta importante para nos facer este evento aquí, porque nestes tempos de videoconsolas e Internet, pretendemos dende o Concello que os mozos/as recuperen as prazas públicas como lugar de encontro e intercambio de experiencias, sinalou Natalia Hermida na presentación do Encontro ante os medios de comunicación.
A Concelleira de Mocidade resaltou tamén o feito de que as administracións deben estar ó servizo das persoas e non ó revés. Nese sentido resulta crucial o compromiso do Concello por favorecer as actividades que promovan a participación cidadá, facilitando o encontro e o diálogo entre os xóvenes, declarou. Hermida recordou tamén que nos últimos tempos, Narón tense convertido nun concello en crecemento, dinámico e plural. Somos un municipio cun crecemento vexetativo positivo, ademáis dun municipio de acollida no que a xente xoven ten moito que decir.
A actividade estivo dirixida a xóvenes con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, especialmente a aqueles que se atopan na franxa de idade entre os 16 e os 23 anos.