Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AVV DA GÁNDARA E O CONCELLO ORGANIZAN A "XIII FESTA DO COCIDO"
A cita terá lugar o sábado 25 de febreiro nas instalacións do Pavillón da Mocidade e ademáis dun xantar a base de cocido haberá música durante boa parte da tarde
Narón, 17 de febreiro de 2017. O Concello de Narón e a Asociación de Veciños da Gándara organizan unha nova edición, a décimo terceira, da Festa do Cocido, que terá lugar o vindeiro 25 de febreiro. A programación inclúe unha gran variedade de actos, que comezarán ás 13.30 horas cunha animación a cargo de comparsas participantes no Entroido de Narón. O xantar dará comezo ás 14.00 horas e as persoas interesadas en adquirir os tickets deberán facelo ata o vindeiro luns, día 20 de febreiro, incluído. O prezo é de 15 euros para os socios da entidade e de 18 para o resto, cantidades coas que poderán degustar un menú a base de sopa, lacón, orella, chourizo, costela, grelos, garavanzos, patacas, pan, viño ou auga, torradas de anís e café, incluíndo o prato e a cunca como agasallos, tal e como indicaron desde a AVV. A comida terá lugar, como cada ano, no Pavillón da Mocidade, fronte ao local social da Gándara. As actividades festivas continuarán pola tarde, ás 17.00 horas, cando se concentrarán nas inmediacións do Pavillón da Mocidade as dez comparsas que participarán no Festival organizado con motivo do Entroido polo Padroado da Cultura de Narón. Tamén haberá unha actuación dun grupo musical. As persoas interesadas en obter máis información sobre este evento poden chamar ao número de teléfono 615 190 656 e os tickets deben retirarse de xeito anticipado no local da Gándara, explicaron desde a AVV.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal