Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE VINTE E DOUS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA LOCAIS PARTICIPAN NO CONCURSO DE TAPAS DO ENTROIDO
A clientela poderá degustar de balde coas súas consumicións diferentes tapas en cada establecemento entre as 13.00 e as 15.30 e de 20.00 a 22.30 horas desde o 23 de febreiro ata o 1 de marzo
Narón, 20 de febreiro de 2017. Máis de vinte establecementos de hostalería de Narón, concretamente vinte e dous das zonas urbana e rural, participarán desde o vindeiro xoves 23 de febreiro ata o mércores 1 de marzo no Concurso de Tapas de Entroido 2017. O certame está organizado polo Concello de Narón, no marco do Club Narón Gastronómico, impulsado desde a Concellería de Promoción Económica, que dirixe o edil Pablo Villamar, para dinamizar o sector hostaleiro do municipio. A esta edición do certame preséntanse un total de trinta e dúas elaboracións gastronómicas nas modalidades de Tapa de Entroido e de Libre Creación, -vinte e doce respectivamente- que as persoas que acudan durante as datas indicadas aos espazos gastronómicos que concursan poderán degustar e valorar coas súas consumicións, de balde, grazas a unhas papeletas que se distribuirán nos propios locais. As tapas do certame serviranse en horario de 13.00 a 15.30 e desde as 20.00 ata as 22.30. Este ano participan na convocatoria os establecementos: • Cervexaría Australian. Tapa de Entroido: “Lacónica”. • Cervexaría Índalo. Tapa de Entroido: “Xeado temperado do Entroido”. • Cervexaría O Druída. Tapa de Entroido: “Horta de Narón”; Tapa libre: “Panko-mido”. • Bar Vituco. Tapa de Entroido: “Cocido ibérico”. Tapa libre: “Polbo con ameixas e callos”. • Gastrobar Piñeiros. Tapa de Entroido: “Filloa de grelos e puré de pataca con crocante de lacón”. • Mesón O Pío. Tapa de Entroido: “Rolo de grelos recheo de cocido montés adobado con ceboleiro de Soutelo”; Tapa libre: “Bandullo do Pío”. • Restaurante A Trasanquesa. Tapa de Entroido: “Saquiños de Entroido”. Tapa libre: “Ancas de rá con salsa Trasanquesa”. • Cafetería Soul. Tapa de Entroido: “Lasaña de orella con grelos”. Tapa libre: “Mexillóns en salsa de coco”. • Parrillada do Couto. Tapa de Entroido: “Lasaña de cocido”. • Café-bar Gola. Tapa de Entroido: “Torrada”. Tapa Libre: “Tortilla”. • Folsom-La Quinta. Tapa libre: “Tapa La Quinta”. • Cervexaría Nueva Orleans. Tapa de Entroido: “Tapa de Entroido”. • Cervexaría Ponte Castela. Tapa de Entroido: “Bolo sorpresa”. • Romero I: Tapa de Entroido: “Cocido Romero”. • Romero II: Tapa de Entroido: “Cocido Romero”. • Silver 200 Monjes: Tapa de Entroido: “Hojaldre de lacón e grelos”. • La Barra de Oro: Tapa de Entroido: “Filloa rechea de crema de oruxo” ; Tapa libre: “Delicia salgada”. • Hostal Restaurante Carballo: Tapa de Entroido: “Porquiño ao abrigo” • Mesón O Muíño: Tapa de Entroido: “Quiche de lacón con grelos con escuma de queixo San Simón”; Tapa libre: “Crocante de porco esmiuzado, polenta e salsa de tamarindo”. • Mesón O Conxuro: Tapa de Entroido “Conxuro de Entroido”. Tapa libre: “Tapa o Meigallo”. • Casa Sindo. Tapa libre: "Steak tartar de solombo de atún”. • Café Bar Ortegal. Tapa de Entroido: “Pastel de Entroido”; Tapa libre: “Pincho cebicheiro”. A organización estableceu un total de cinco premios para os locais participantes, un que se concederá por votación popular, a través da puntuación da clientela que deguste as tapas –cuxo voto, entre un 1 e un 5, depositará nunha urna que se instalará no propio establecemento- e catro que concederá un xurado. O sistema do reconto dos votos emitidos polo público farase mediante a suma de todos os puntos obtidos polo establecemento e tapa, admitíndose só un voto por cada tapa, é dicir, un único voto por cliente e tapa. No caso de que o establecemento hostaleiro ofreza máis dunha modalidade, poderase votar só unha vez por cada unha delas. En canto ao importe dos premios, o de votación popular será de 250 euros e un diploma acreditativo e os que concederá o xurado son de 400 euros para as dúas mellores tapas de Entroido e de Libre creación e outros dous de 250 euros para as segundas mellores en cada unha das citadas modalidades. Así mesmo, entregaráselles un diploma acreditativo. O xurado, designado pola organización, estará integrado por un membro do Concello, un crítico gastronómico e un cociñeiro, os cales farán a degustación das tapas participantes durante as datas que dure o concurso, valorando de 1 a 5 puntos a presentación, sabor, elaboración e adecuación da creación gastronómica ás bases do concurso. O público que emita os seus votos nos establecementos adheridos tamén participará no sorteo de cinco ceas para dúas persoas. Será a organización a que se porá en contacto coas persoas que resulten premiadas unha vez realizado o pertinente sorteo. Así mesmo, o nome dos establecementos premiados darase a coñecer a través da web do Concello –www.naron.es- e a do Club Narón Gastronómico -http://clubnarongastronomico.naron.gal/-, así como o nome dos gañadores das ceas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal