Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO ATA O 6 DE MARZO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA SEMANA SANTA
A iniciativa diríxese a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos e desnvolverase no CRA de Domirón os días 10, 11, 12 e 17 do vindeiro mes de abril
Narón, 27 de febreiro de 2017. O Concello de Narón convoca un ano máis, a través do “II Plan de Igualdade Municipal” o programa ConciliaEscola Semana Santa. A edil de Igualdade, Teresa Sabio, anunciou que o prazo de inscrición abre hoxe luns, día 27, e permanecerá operativo ata o vindeiro 6 de marzo, incluído. A iniciativa desenvolverase nas instalacións do CRA de Domirón nunha única quenda, os días 10, 11, 12 e 17 de abril, explicou a concelleira naronesa, que recordou que o prezo establecido é de 8,15 euros por participante. A convocatoria diríxese a un total de vinte nenos e nenas empadroados en Narón, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos e terán preferencia á hora de participar aqueles nenos e nenas empadroados en Narón e os casos nos que traballen os dous proxenitores. Estableceranse un total de dous horarios, un de 7.30 a 14.00 horas (con transporte só de volta) e outro de 9.00 a 14.00 (con transporte de ida e volta). Iranse realizando paradas nas diferentes parroquias do concello, tal e como apuntou Sabio, se ben os horarios de cada unha delas se indicarán nunha xuntanza que se convocará antes do inicio da actividade. O que si está previsto son os puntos nos que parará o autobús, que son: a Casa da Mocidade (Gándara), o polideportivo Campo da Serra (A Solaina), o Concello (Alto), os centros cívicos de Piñeiros, San Mateo e Sedes, a cooperativa do Val, o Pazo Libunca (San Xiao), O Paraxe (Castro) e nas inmediacións das igrexas de Doso e Pedroso. Os rapaces e rapazas que participen nesta convocatoria terán a oportunidade de realizar, conxuntamente cun equipo de monitores, unha serie de actividades artísticas e en inglés, de educación para a Igualdade, convivencia, saúde e tempo libre mediante o xogo. A finalidade desta proposta, indicou a edil de Igualdade, é “pór fin aos obstáculos cos que a miúdo se atopan certos homes e mulleres que traballan fóra da casa e que teñen fillos ao seu cargo, facilitándolles unha proposta educativa e lúdica para que neste caso tamén na Semana Santa poidan conciliar mellor a súa vida laboral e familiar”. As inscricións deben realizarse no Rexistro municipal, entregando cumplimentada, en horario de 8.30 a 13.30 horas, unha instancia que se pode descargar da páxina web –www.naron.es-. A concesión das prazas será por rigorosa orde de inscrición, atendendo a unha serie de preferencias indicadas nas bases da convocatoria, relacionadas co empadroamento dos participantes e a ocupación dos seus proxenitores. As persoas interesadas en obter máis información ao respecto poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1113 ou 1115).
Descarga de archivos
Modelo de solicitude
Tamaño:422,50 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal