Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO 5 DE MARZO O ESPECTÁCULO DE ÓPERA "TOSCA"
O melodrama representouse por vez primeira no ano 1900 no teatro Constanzi de Roma e constitúe "todo un referente a nivel vocal e escénico", tal e como destacou a vicepresidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro
Narón, 2 de marzo de 2017. A axencia L.G. Artist Management & Concerlírica Internacional traerán a Narón a ópera "Tosca", da man da Ópera Nacional de Moldavia e solistas internacionais. Así o indicou a vicepresidenta do Padroado da Cultura de Narón, Marián Ferreiro, que destacou que se trata dun espectáculo considerado “todo un referente tanto a nivel vocal como escénico”. O citado melodrama poderá verse no Pazo o vindeiro domingo, día 5, a partir das 19.00 horas e as entradas están xa á venda na billeteira do Pazo ou a través da web: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 28 euros para o público en xeral e de 19,60 para abonados, menores de 14 anos e persoas desempregadas. Con música do compositor italiano Giacomo Puccini e libreto de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa, esta ópera, unha das máis afamadas da Historia –representada por primeira vez no teatro Constanzi de Roma no ano 1900- está inspirada no drama homónimo de Victorien Sardou. É unha das tres óperas máis afamadas de Puccini, xunto con "Madama Butterfly" e "La Bohéme", e unha das cinco máis representadas a nivel mundial. A acción, dividida en tres actos, transcorre na Roma do 1800, cando as tropas francesas venceron ás austríacas na batalla de Marengo (que tivo lugar ao noroeste de Italia) e a cidade loita por uns ideais liberais. Ao longo de dúas horas e media –con dous descansos de quince minutos- sucederase unha trama na que non faltarán o amor, a intriga, a violencia, a paixón e a morte.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal