Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN COLABORA NA PUBLICACIÓN DUN LIBRO SOBRE A FIGURA DO XESUITA GALEGO FERNANDO HOYOS
Asasinado fai 25 anos en Guatemala, foi membro destacado do Exército Guerrilleiro dos Pobres.
Narón, 23 de Maio de 2008.- O Concello de Narón foi o escenario elexido polo presidente da Fundación 10 de Marzo, Víctor Santidrián, para presentar hoxe públicamente a obra titulada “En la memoria del pueblo: Fernando Hoyos”. O traballo recolle o testimonio e os artículos de destacados persoeiros do mundo da política e da literatura (como Camilo Nogueira, Vicente Araguas, e mesmo o ex alcalde de Narón, Antonio Martínez Aneiros) sobre a figura de Fernando Hoyos, vigués de nacemento, xesuita de profesión e que vivíu os dez últimos anos da súa vida no país de Guatemala, onde denunciou a represión e discriminación sufridas por este pobo. Froito das súas viviencias, elaborouse este libro que trata de recoller a testemuña de quen foi un home loitador que, tal e como declarou Martínez Aneiros “vivía pegado ó sufrimiento humán e lle costou moito asumir que a única vía que lle quedaba para a transformación social dese país era vestirse de verde e coller un fusil, non para matar senon para non morrer”, dixo. Fernando Hoyos uníuse nos últimos anos da súa vida –morreu no 1982, cando contaba 39 anos de idade- ó Exército Guerrilleiro dos Pobres. A Fundación 10 de Marzo recupera agora a memoria histórica deste persoeiro para lembrar ós rapaces guatemaltecos parte da súa historia máis recente, pero tamén para insistir en que se cumplan os acordos internacionais de paz, firmados dous anos despois da morte de Fernando Hoyos. O presidente desta fundación, Víctor Santidrián, agradeceu o apoio prestado polo Concello de Narón para que esta publicación poidese ver a luz. O goberno municipal aportou 6.000 euros a este proxecto, e tamén enviará 400 exemplares da obra ata Guatemala. A este respecto, o Alcalde de Narón, Xoán Gato dixo sentirse “moi honrado en participar como Concello nesta obra que da a coñecer unha figura destacada aínda que descoñecida ata o de agora en Galicia. É un traballo social que considero moi importante”, engadiu. O libro está coordinado por Pilar Hoyos de Asig, Enrique Corral Alonso e Antonio Blanco Carballo, quen tamén asistiu a esta rolda de prensa. Ademáis destas tres persoas, os autores dos artículos sobre Fernando Hoyos e que conforman este libro son os seguintes: Xosé Neira Vilas, Jesús Bengoechea Cermeño, Eduardo Rolland Etchevers, Cermen Becerra, Juan Hernández Pico, Anxo Ferreiro Currás, Omar Contreras Flores, Yolanda Díaz, Vicente Araguas, Antonio Martínez Aneiros, Marilar Aleixandre, Ricardo Falla, Camilo Nogueira, e Xesús Alonso Montero.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal