Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ABRE O SEU PUNTO LIMPO ÓS CONCELLOS DE NEDA, VALDOVIÑO E SAN SADURNIÑO
Firmado un convenio de colaboración entre as catro administracións locais para mancomunar o servizo.
Narón, 29 de Maio de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, firmou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello de Narón e os Concellos de Neda, San Sadurniño e Valdoviño para a prestación do servizo de punto limpo, situado no Polígono de Río do Pozo. Ó acto de firma do acordo tamén acudiron os rexedores dos concellos beneficiarios deste convenio: Ignacio Cabezón (Alcalde de Neda), Secundino García Casal (Alcalde de San Sadurniño) e Isabel Alvarez (Alcaldesa de Valdoviño. O alcalde naronés declarou que con este convenio “iniciamos unha forma de colaboración conxunta entre concellos que podería ampliarse no futuro”. A este respecto, Xoán Gato explicou que Narón dispón de terreos sobre os que se podería construir, por exemplo, unha perreira mancomunada. Na mesma liña pronunciáronse os rexedores dos municipios restantes. Isabel Alvarez agradeceu ó Concello de Narón a apertura do punto limpo para os veciños de Valdoviño “xa que é o único xeito que temos nos de poder prestar este servizo”, dixo. Secundino García engadiu que este é o inicio “dunha relación fructífera, porque hai moitos servizos que se poderían optimizar se os prestamos de xeito mancomunado”, dixo. Pola súa banda, Ignacio Cabezón concluíu que “non se poden facer cousas nos concellos pequenos sen este tipo de axuda”, sinalou. Para poder por en marcha este servizo de xeito mancomunado, os concellos firmantes do convenio solicitarán unha achega económica á Xunta de Galicia. O servizo comenzará a prestarse a partires do mes de Xullo, segundo explicou o Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos. COSTE DO SERVIZO O convenio para a prestación do servizo de punto limpo, que ten carácter indefinido, establece un coste anual de 68.995,82 euros segundo cálculos da empresa Urbaser a partires do custo da explotación do servizo –tendo en conta os gastos de persoal, maquinaria e mantemento-. Este importe será aboado polos catro concellos firmantes do convenio, a partires do número de habitantes de cada un deles, que en conxunto suman 51.910 persoas. Así, o Concello de Narón pagará o 69,82% do total (que se traduce en 48.172,88 €, e se recoñecen 36.245 habitantes), o Concello de Valdoviño abonará o 13,44% (9.273,04 € e 6.978 persoas), o Concello de Neda deberá aportar o 10,72% (que supón 7.396,35€, tendo en conta a 5.564 habitantes) e finalmente o Concello de San Sadurniño desembolsará o 6,02% (4.153,55€, e 3.123 habitantes). RESIDUOS No punto limpo de Narón poden depositarse residuos domiciliarios (papel e cartón, vidro, plásticos, briks e latas, residuos metálicos, electrodomésticos, residuos de xardinería e roupa) e residuos especiais (fluorescentes e luminarias de vapor de mercurio, disolventes, pinturas e vernices, pilas, baterías de automóvil, consumibles informáticos, aceites vexetais e minerais, aerosoles, medicamentos e radiografías), limitándose as cantidades por persoa e mes. Tamén admítese a madeira e os residuos voluminosos (coma mobles, colchóns e somieres) pero non se aceptan os materiais radioactivos, explosivos ou inflamables; os residuos infecciosos, neumáticos, lixo urbano orgánico, recipientes voluminosos con materias tóxicas ou perigosos, e residuos sen segregar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal