Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EQUIPO DO SPEIS DE NARÓN REALIZOU UNHAS SESENTA INTERVENCIÓNS EN DOUS DÍAS DEBIDO AO TEMPORAL DE VENTO
Incendios, caídas de árbores, tellas e dalgún poste do tendido eléctrico provocaron a maior parte das incidencias rexistradas na localidade
Narón, 20 de abril de 2017. Os integrantes do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón realizaron entre as xornadas de onte e hoxe –ata este mediodía- un total de 57 intervencións debidas ao temporal de vento. O equipo habitual por turno reforzouse con tres persoas máis –reunindo a nove persoas- para poder atender as chamadas recibidas de particulares, do CAE 112, da Policía Local e de Servizos Externos alertando dos danos derivados das fortes rachas de vento rexistradas nas últimas horas. Na xornada de onte tivo lugar un incendio forestal en Lagüela (Sedes) e tamén se produciron dous debido a problemas co tendido eléctrico, en Lodairo (Freixeiro) e no Val. Hoxe o persoal do Speis tivo que desprazarse ao lugar de Outeiro, no Val, para apagar outro lume forestal, contando coa colaboración doutros medios, aéreos e terrestres. A maiores destes incendios, tal e como indicaron desde o Speis, rexistráronse unha vintena de caídas de árbores en diferentes zonas do municipio, interrumpindo en numerosas ocasións vías de circulación e tamén romperon varias árbores no parque do Río Freixeiro, o que levou a cortar temporalmente o acceso á zona por motivos de seguridade. O persoal do Speis actuou tamén tralos avisos de varios desprendementos –tellas e uralitas de cubertas de vivendas- e cascotes, e para a retirada de carteis e sinalización vertical que tirou o vento, así como de contenedores e postes do tendido eléctrico. Así mesmo, de madrugada as fortes rachas de vento arrincaron a marquesina do apeadoiro de FEVE do Alto do Castiñeiro (duns sete metros de longo), que caeu sobre a vía férrea e que retirou persoal do Speis. A todas estas intervencións súmanse as derivadas do desprendemento dunha plancha da fachada do Concello e o apuntalamento dalgún cristal no Pazo da Cultura, así como a retirada dos cristais da porta principal do Concello, que rompeu en dúas ocasións, onte e hoxe, a consecuencia do temporal.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es