Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA CONVOCAN CHARLAS SOBRE O TRAMPEO DE PRIMAVERA PARA A AVESPA VELUTINA
As sesións convocáronse os días 3 e 4 de maio no local social do Couto e na Cooperativa do Val, respectivamente
Narón, 2 de maio de 2017. O local social da Picota, no Couto, acollerá mañá unha charla-taller sobre a velutina, baixo o título “Stop vespa velutina. Inimiga do Medio Ambiente”, organizada pola Concellería de Medio Ambiente de Narón en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura. A convocatoria dará comezo ás 18.30 horas e na mesma informarase aos asistentes sobre a importancia do trampeo de primavera para combater a avespa velutina, tal e como indicou o edil da área, Octavio Dopico. Na xornada do xoves, 4 de maio, terá lugar unha nova charla-taller na que se informará aos asistentes sobre este mesmo tema. A cita será nesa ocasión nas instalacións da Cooperativa do Val, a partir das 19.00 horas. A vida e comportamento da velutina, os colectivos afectados, sistemas de control e vixilancia e a elaboración de distintos tipos de trampas serán os temas que abordarán os profesionais de AGA nestas charlas. Desde a entidade inciden na importancia de colocar un par de trampas nas hortas e xardíns para evitar ter niños de velutinas preto das vivendas, polo que serán precisamente o trampeo primaveral e a retirada dos niños desta especie de avespas en verán e outono dous dos temas nos que se profundizará nas citadas charlas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal