Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA PARTICIPAR NAS COLONIAS DE VERÁN EN PEDROSO E ALDEA NOVA
Dirixidas a nenos de 6 a 16 anos de idade, entre o 23 de xuño e o 1 de agosto.
Narón, 10 de Xuño de 2008.- A Concellería de Medioambiente de Narón, dirixida por Manuel Ramos, ven de abrir o prazo de inscripcións para participar nas Colonias de Verán que se celebrarán do 23 de xuño ata o 1 de agosto de xeito simultáneo na área recreativa e medioambiental do Río Xuvia (Pedroso), e no parque temático de Aldea Nova (Sedes). Estos campamentos de verán están dirixidos a rapaces/as de entre 6 e 16 anos de idade, e teñen unha duración dunha semana (de luns a venres) en horario de 10 da mañá a 7 da tarde. O prezo da inscripción ascende a 120 euros, se ven o Concello financia unha parte da cuota (70 €) de xeito que as inscripcións para os nenos/as de Narón non supera os 50 euros. “Se quedasen prazas libres, abriríanse as colonias ós rapaces/as de fora de Narón, ó custe de 120 euros por persoa”, comentou o Concelleiro de Medioambiente. As inscripcións poden formalizarse no Servizo Sociocomunitario Municipal, situado na 1ª pranta do Concello, en horario de 9 a 13 horas. A organización establece grupos reducidos, de 20 prazas cada un deles, e coa matrícula inclúese o xantar e a merenda dos nenos. Os campamentos que terán lugar na área recreativa de Pedroso son de base ecoloxista, con actividades que promoven a relación e coñecemento do Medio, a posta en valor do entorno privilexiado do Río Xuvia –incluido na Rede Natura 2000- e o fomento dos valores sociais coma o compañerismo, a convivencia e o respeto mútuo. Os participantes aprenderán xogos populares e predeportivos, e participarán en obradoiros de manualidades de Medioambiente e na elaboración do pan, ademáis de realizar rutas de sendeirismo. Os interesados en contratar un servizo complementario de transporte poden consultar na área medioambiental de Pedroso, chamando ós números de teléfono 981 445 047 ou 647696 989. Por primeira vez, as colonias de verán se celebrarán tamén no parque temático do mundo rural Aldea Nova, situado en Sedes. Alí os escolares descubrirán a forma de vida dos seus antepasados, así como a forma de traballar e de adicar o tempo libre nunha aldea típica de Galicia. Os participantes pasarán unha semana diferente rodeados de natureza, e empapándose de tradición, agricultura, animais, natureza, prehistoria, as estrelas e moitas cousas máis. En Aldea Nova tamén se levarán a cabo rutas de sendeirismo, e traballos de agricultura, xardíns botánicos, e gandeiría. O programa de actividades desta colonia de verán inclúe obradoiros de construcción de xoguetes, supervivencia e orientación, obradoiros de pegadas, rastros e sinais, e contacontos, entre outras iniciativas. A documentación a aportar para formalizar as inscripcións nas Colonias de Verán é a seguinte: fotografía tamaño carnet, fotocopia do DNI do neno/a, certificado médico, fotocopia de tarxeta sanitaria, e resgardo de ingreso bancario.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal