Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO DE MÚSICA CELTA LUAR NA LUBRE ACTUARÁ NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN
A formación interpretará o 20 de maio temas do seu último disco, "XXX Aniversario" e tamén outros recoñecidos clásicos da súa intensa traxectoria musical
Narón, 16 de maio de 2017. O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado, día 20, un concerto do grupo galego de música celta Luar na Lubre. A cita dará comezo ás 20.00 horas e as entradas están á venda na billeteira do Pazo ou na páxina web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. Luar na Lubre interpretará temas do seu último disco, titulado “XXX Aniversario”, con trinta cancións, entre elas tres versións actualizadas de composicións gravadas anteriormente: “Morrison´s jig”, “O soldado desgraciado” e “Dun tempo para sempre”, que combinarán na actuación con outros clásicos recoñecidos pola gran traxectoria deste grupo. Recoñecido a nivel autonómico e estatal, Luar na Lubre conta, entre outros, con nove Premios de Música concedidos pola SGAE e pola Academia de las Artes y de la Música, un premio “Mestre Mateo” pola música do seu DVD “Un bosque de músicas” e dous discos de ouro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal