Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O ESPECTÁCULO "ZAMPÓN O LAMBÓN"
A representación, a cargo da compañía Urdime Propostas Culturais e dirixida ao público familiar, comezará ás 18.00 horas
Narón, 17 de maio de 2017. Música, títeres e actores compartirán escenario con xigantes e cabezudos o vindeiro domingo, 21 de maio, no Pazo da Cultura. A compañía Urdime Propostas Culturais será a encargada de representar, a partir das 18.00 horas, o espectáculo “Zampón o lambón”, dirixida a público familiar (a partir de 4 anos). Os protagonistas deste espectáculo son o investigador Brais e o músico de banda Chispín, dous heroes que se enfrontarán ao devorador de palabras máis lambón do mundo, o xigante Zampón, para poder tocar ante o pobo de Ledicia. Brais e Chispín terán que superar varias probas para que esta historia remate cun final feliz. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral; de 6,65 para abonados e desempregados e de 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es