Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O TEATRO CONTEMPORÁNEO CHEGA AO PAZO ESTA FIN DE SEMANA DA MAN DA COMPAÑÍA INCONSTANTES TEATRO
Cinco actores conforman o elenco que representará o sábado día 28 a obra 1Deseo, para a que todavía se poden adquirir entradas na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 26 de outubro de 2017. A compañía Inconstantes Teatro representará este sábado, día 28, no Pazo da Cultura a obra 1Deseo. Trátase dunha peza de teatro contemporáneo, de case hora e media de duración, que comezará ás 20.00 horas. As entradas, á venda na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura (www.padroadodecultura.es), teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Dirixida por Helena Martín, a obra 1Deseo conta a vida dos seres humanos, cos desexos como motor da mesma. Cinco actores protagonizan esta peza na que se verán os desexos como inicio do movemento pero tamén como algo que pode chegar a paralizarnos e aterrorizarnos. Os inalcanzables, os forzosos, os ocultos… toda a obra xirará en torno aos desexos das persoas, de consumir, de comprar, os ocultos, os que se din… e toda a historia desenvólvese na “Sala dos deseos”, a modo de sala de espera na que se reúnen os protagonistas da obra.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es