Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO PAZO DA CULTURA CON MOTIVO DO INICIO DAS OBRAS DE INSTALACIÓN DA CUNCHA ACÚSTICA
A rexedora local, Marián Ferreiro, recordou que a nova insfraestrutura comezará a funcionar o 1 de decembro, cun concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia enmarcado nun ciclo organizado pola Deputación da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual
Narón, 17 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá co edil de Obras, Pablo Mauriz, ata o Pazo da Cultura para ver o avance das tarefas de instalación da cuncha acústica do Pazo. A empresa adxudicataria comezou os traballos esta mesma semana, o que permitirá, unha vez rematados, dotar ás citadas instalacións culturais do municipio dunha cámara de concertos que sufragarán a Deputación da Coruña e o Concello, cun investimento de 195.198 euros (prezo de adxudicación) que asumirán nun 80% e 20% respectivamente estas dúas administracións. Ferreiro subliñou a importancia de que o Pazo poida contar con este equipamento, “que permitirá ampliar a variada programación con eventos de música sinfónica, garantindo en todo momento a calidade dos mesmos para ao público”. A rexedora local e o edil naronés presenciaron, xunto co director técnico do Pazo da Cultura, Luciano Fernández, parte das tarefas de montaxe desta completa infraestrutura, un proceso que lles explicou persoal da compañía que realiza as tarefas. Ferreiro recordou que, tal e como se anunciou esta mesma semana “será precisamente un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, enmarcado nun ciclo organizado pola Deputación da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, o que inaugure a cuncha acústica do Pazo o vindeiro 1 de decembro”. A cuncha acústica do Pazo da Cultura constará de paredes laterais, de fondo e paneis de teito. Os tres formatos desta infraestrutura permitirán montando os tres teitos posibles organizar concertos de orquestras sinfónicas; montando dous teitos concertos de orquestas de menos de cincuenta integrantes e, cun dos teitos, outros de música de cámara. “A mistura do son dos diferentes instrumentos chegará coa máxima calidade aos espectadores”, asegurou Ferreiro, que incidiu no feito de que “como os revestimento acústico que compón a estrutura é modular e desmontable, será máis sinxelo retirala no caso de que sexa preciso, un traballo que realizará o propio persoal do Pazo da Cultura, que recibirá formación específica para facelo nun tempo que se estima aproximadamente nun día”. Finalmente, Ferreiro apelou unha vez máis á tan necesaria colaboración entre administracións para levar a cabo este tipo de actuacións, recordando que “afortunadamente, as xestións realizadas polo goberno local e a vontade do actual goberno da administración provincial deron os seus froitos e a cuncha acústica comezará a funcionar o vindeiro mes de decembro”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal