Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROXECTO INNOVA NARÓN, IMPULSADO POLO CONCELLO, GAÑADOR DO PREMIO "SON DIXITAL"
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, valorou o traballo realizado polos usuarios e usuarias da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, "os verdadeiros protagonistas desta iniciativa"
Narón, 24 de novembro de 2017. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu ao proxecto Innova Narón o primeiro premio do certame Son Dixital. Trátase dunha iniciativa impulsada desde a Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, a través da Aula Cemit e na que participaron usuarias e usuarios da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, os “verdadeiros protagonistas desta iniciativa”. A maiores do recoñecemento, tal e como se indicou desde a administración autonómica, os gañadores recibirán un dispositivo tecnolóxico de agasallo. O pasado mes de xuño a concelleira de Novas Tecnoloxías presentaba na Asociación Nuestra Señora de Chamorro o proxecto Innova Narón, que resultou seleccionado pola Amtega entre os presentados polas 96 Aulas Cemit de Galicia. Con cargo a esta iniciativa, tal e como recordou Hermida, “apóstase por poñer en valor produtos do campo e tamén artesanais realizados por usuarios da citada asociación en varios obradoiros, valéndose das Tecnoloxías da Información e da Comunicación a través dun blog, redes sociais e canles de venda para comercializar eses produtos online”. A edil naronesa destacou a implicación do Concello de Narón con este proxecto, co que se traballa pola integración dixital das persoas poñendo os medios necesarios para acadalo, como é o caso, asumindo por un lado o soporte e aloxamento para a plataforma durante a duración do proxecto e 130 horas de formación dos participantes nesta iniciativa. A concelleira de Novas Tecnoloxías subliñou “a calidade do traballo realizado, que culminou coa creación dunha páxina web -www.innovanaron.com- na que comercializan os diferentes produtos e na que se ofrece cumprida información sobre esta iniciativa e sobre as actividades da Asociación nos seus obradoiros, contada polos propios usuarios e usuarias a través da plataforma Innova Narón, actualizando os contidos e xestionando de primeira man os productos que comercializan”, subliñou Hermida. A candidatura presentouse ao Premio Son Dixital en formato vídeo, tal e como solicitaban as bases do concurso. A edil naronesa mostrouse “moi satisfeita pola ilusión, o compromiso e o esforzo dos participantes no proxecto, e destacou a implicación e a boa acollida que tivo este dende o seu inicio por parte da xerencia e a presidencia da Asociación Nuestra Señora de Chamorro”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal