Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA OFRENDA FLORAL NO MONUMENTO Á MULLER DEU CONTINUIDADE AOS ACTOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 25-N
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, Teresa Sabio, leron na Gándara o manifesto "En Negro contra as violencias"
Narón, 27 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá un novo acto organizado polo Concello para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A rexedora local e a edil de Igualdade, Teresa Sabio, leron na Praza da Gándara, fronte ao Monumento á Muller alí ubicado, o manifesto da campaña “En Negro contra as violencias”. Así mesmo, participaron nunha ofrenda floral no citado monumento xunto con veciñas e veciños da localidade e representantes de diferentes entidades que integran o Consello Sectorial de Igualdade. Ao acto asistiron tamén os portavoces municipais de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, e do PSOE, Catalina García, así como outros edís da corporación local naronesa. Na súa intervención, Ferreiro e Sabio agradeceron a participación cidadá tanto no acto de hoxe como na concentración celebrada o pasado 24 de novembro na porta principal do Concello. Así mesmo, solicitaron ese mesmo respaldo cidadá para a convocatoria prevista mañá, ás 18.00 horas, no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. Alí informarase aos asistentes sobre o Servizo de Atención Psicolóxica para as Vítimas da Violencia de Xénero, un dos recursos dispoñibles no Concello para atender ás citadas vítimas. A programación municipal inclúe ademais unha Exposición Artística que se pode ver desde hoxe ata o vindeiro 15 de decembro no Pazo da Cultura, no horario de apertura habitual. A mostra consta dunha ducia de paneis informativos realizados por alumnado de Artes Grárficas do IES Leixa, no que se abordan, con imaxes e frases, diferentes manifestacións de violencia. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, incidiu no acto celebrado esta mañá na “importancia de continuar traballando conxuntamente para erradicar esta lacra social e así non ter que lamentar máis vítimas por violencia de xénero”.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es