Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA EN VARIAS ZONAS DOS NÚCLEOS URBANO E RURAL DO MUNICIPIO
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, indicou que o subnimistro se cortará entre as 23.00 horas do vindeiro mércores día 31 e as 6.00 do xoves 1 de febreiro
Narón, 29 de xaneiro de 2018. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou que a empresa Cosma cortará o subministro de auga entre as 23.00 horas do vindeiro mércores, día 31, e as 6.00 do xoves 1 de febreiro en varias áreas das zonas urbana e rural do municipio. O edil explicou que o corte responde á necesidade de realizar unha serie de tarefas de mantemento na rede de abastecemento e solicitou de antemán desculpas á veciñanza polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida. As zonas afectadas serán a avenida Souto Vizoso –dende o número 132 ao 252 e do 137 ao mosteiro do Couto-, a avenida Miguel de Cervantes, As Viñas, As Torres, Camiño da Veiga, lugar da Picota, O Vilar, lugares da Faísca e Castro, Camiño do Pasadoiro, Cortiña Grande, camiños do Petouzal, Muíño do Vento, O Cenzo e O Quinto, rúa Soria, lugar do Salto, parroquias de Castro e San Xiao e a zona da terceira fase do polígono industrial de Río do Pozo.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es