Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN "GALEGOS EN MAUTHAUSEN PERMANECERÁ NA BIBLIOTECA MUNICIPAL ATA O 10 DE FEBREIRO
O Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática incluíron a mostra no programa do Día Internacional de Conmemoración das Vítimas do Holocausto
Narón, 29 de xaneiro de 2018. A exposición Galegos en Mauthausen poderá verse ata o vindeiro 10 de febreiro nas instalacións da Biblioteca municipal. A sala de exposicións acolle esta mostra, formada por preto de medio cento de imaxes e paneis nos que se relata a situación dos case douscentos galegos internados no campo de concentración nazi de Mauthausen, en Austria. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, entre outros integrantes da corporación local, acompañaron aos representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática na visita guiada programada para o luns 29 a partir das 19.00 horas, e na que o historiador Enrique Barrera, integrante da citada asociación, falou aos asistentes sobre a época do Holocausto. O acto enmarcouse no programa impulsado polo Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto, e que incluíu outros eventos na cidade a pasada semana, tanto no propio Consistorio como na Biblioteca e en centros educativos. A mostra Galegos en Mauthausen poderá verse no horario de apertura da sala de exposicións da Biblioteca, de luns a venres entre as 17.00 e as 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, tal e como recordou a concelleira responsable destas áreas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal