Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DE EDUCACIÓN INFANTIL DO COLEXIO JORGE JUAN VISITARON O CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse coas nenas e nenos no salón de plenos despois de que visitasen algunhas dependencias municipais
Narón, 20 de febreiro de 2018. Unha vintena de nenas e nenos que cursan educación Infantil no colexio Jorge Juan visitaron esta mañá varias dependencias municipais. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu aos menores no salón de plenos, donde contestou ás preguntas que lle formularon, maioritariamente relacionadas co seu traballo no Concello, aínda que tamén se interesaron por temas persoais, como a data do seu cumpreanos. Os escolares convidaron á rexedora local a visitalos na súa aula, unha invitación que Ferreiro agradeceu e se comprometeu a realizar. Os nenos e nenas visitaron as oficinas da Policía Local, a Biblioteca e outras dependencias municipais, se ben no salón de plenos puideron ver o vídeo de “Nara de Narón” -http://naradenaron.es/- unha abella que coñece á perfección a cidade e que lles explica cuestións relacionadas co concello. Así mesmo, antes de abandoar a Casa Consistorial os escolares recibiron de mans da alcaldesa un exemplar do libro “Os Bolechas visitan Narón”. A rolda de visitas de escolares ao Consistorio continuará o día 27 deste mes, cando está previsto que acudan unha vintena de menores de educación Infantil do colexio Ponte de Xuvia. Estas visitas educativas prográmanse cada ano a través do Servizo Sociocomunitario Municipal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal