Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE CARRETILLEIRO/A E PMEP CON CERTIFICACIÓN UNE
A concelleira responsable da área de Formación, Natalia Hermida, recordou que esta acción formativa se dirixe a persoas desempregadas empadroadas en Narón e que conta cun total de vinte e catro prazas en dúas edicións
Narón, 20 de febreiro de 2018. A Concellería de Formación, presidida pola edil Natalia Hermida, convoca un novo curso –con dúas edicións- do Programa Municipal de Formación, neste caso sobre Carretilleiro/a e Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP) con certificación UNE. Esta acción formativa diríxese a un total de vinte e catro persoas desempregadas empadroadas en Narón e maiores de 18 anos. Os interesados poden presentar as solicitudes (dispoñibles no Rexistro xeral e na Sede Electrónica do Concello) a partir de mañá ás 8.30 horas, e ata o 2 de marzo ás 13.30, tal e como anunciou Hermida. A edil naronesa animou ás persoas de Narón que desexen realizar o curso a inscribirse canto antes e apuntou que nas vindeiras semanas se procederán a convocar novas accións formativas deste programa municipal. As sesións teóricas impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e tamén haberá unha parte práctica –no total das trinta e cinco horas de duración de cada curso- en centros colaboradores. As quendas previstas son do 5 ao 13 de marzo, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 ou do 14 ao 22 de marzo, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición, unha vez que se comprobe que a persoa cumpre os requisitos para poder realizar esta acción formativa. No caso de ser admitidos recibirán a comunicación telefonicamente, momento no que se lles indicará a documentación que deben presentar e o prazo para facelo. Para recibir máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 e 1107). Así mesmo, a información sobre esta acción formativa pode consultarse a través da páxina web do Concello de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/formacion/Anuncio-para-carretilla-e-plataforma-UNE.pdf.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal