Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADHERIRASE Á INICIATIVA DOING BUSINESS PARA OFRECER A EMPRESARIOS E EMPRENDEDORES VANTAXAS FISCAIS POR ASENTARSE NA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, reuníronse con representantes de Cofer, AEF e a Fundación Río do Pozo para explicarlles esta iniciativa
Narón, 21 de febreiro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, reuníronse esta mañá no Concello cos representantes da Asociación de Empresarios Ferroltera, Antonio Aneiros; da Confederacón de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), Juan Manuel Ramos, e da Fundación Río do Pozo, Sabela Castiñeira. O obxectivo da xuntanza, convocada desde o goberno local, foi a comunicación aos representantes dos empresarios da próxima aprobación, no pleno de mañá, da adhesión do Concello á iniciativa Doing Business, impulsada a través da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). A proposta chegará ao pleno co ditame favorable da Comisión, tal e como indicou a alcaldesa, que destacou as importantes bonificacións no IBI, IAE e ICIO ás que poderán acollerse as firmas que se amplíen ou asenten nos polígonos industriais da cidade e cumpran unha serie de requisitos. “O compromiso deste goberno local co sector empresarial é firme, e mostra do mesmo é esta adhesión á proposta Doing Business, que contempla importantes beneficios fiscais para os empresarios a cambio da creación de emprego e que tamén redundará no beneficio da veciñanza de Narón, xa que o Concello poderá optar a máis axudas encamiñadas a impulsar o sector industrial e o emprendemento”, subliñou Ferreiro. Pola súa banda, o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar explicoulles aos representantes do sector empresarial que as bonificacións ás que poderán acollerse as empresas –no IBI, IAE e ICIO- serán ata un máximo do 95%. “No caso de Narón facemos unha diferenciación entre as pequenas e medianas empresas e as grandes empresas e Centros Comerciais, que en función do investimento realizado e do número de postos de traballo creados reciben unha puntuación a través da que se establece a reducción que lles corresponde nos citados impostos”, explicou Villamar. O edil naronés avanzou tamén que “a maiores o Concello tamén se compromete a tramitar as licencias de obra maior nun prazo máximo de trinta días naturais unha vez que toda a documentación estea en regla e a axilizar a compra de solo no caso de que sea necesario, porque tamén poderán beneficiarse destas axudas as empresas xa asentadas e que se amplíen, en función dos mesmos baremos”. “O feito de que o Concello de Narón se adhira á iniciativa Doing Business constituirá un importante revulsivo para o sector empresarial”, apuntou Ferreiro, que destacou que “a cidade conta cun amplo e variado conglomerado de empresas pertencentes a diferentes sectores asentadas nos polígonos das Lagoas, A Gándara e Río do Pozo que confiamos en que se incremente con estas bonificacións nos impostos e que anime aos empresarios e emprendedores a apostar polas súas propias iniciativas e tamén por este concello, con excelentes oportunidades e comunicacións viarias”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal