Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E OS PORTAVOCES DOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS RECIBIRON NO CONCELLO AO CÓNSUL XERAL DE CUBA EN GALICIA
A corporación local aprobou por unanimidade no pleno do mes de marzo una moción na que se recolle o compromiso do Concello co pobo cubano, un feito que agradeceu José Antonio Solana
Narón, 3 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no seu despacho ao cónsul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, na que foi a primeira visita institucional deste último ao Consistorio desde o nomeamento de Ferreiro como rexedora local. Na xuntanza estiveron tamén presentes os portavoces dos grupos municipais de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García, BNG, Pablo Villamar; PP, Marcos López, e de EU, André Abeledo, impulsor este último da convocatoria. Solana agradeceu á corporación local a recente aprobación unánime no pleno –o pasado mércores- dunha moción presentada polo Grupo Mixto (EU) reafirmando o compromiso do Concello co pobo cubano e solicitando o fin do bloqueo a Cuba e das políticas de involución impulsadas a través do goberno de Donald Trump. A través do documento a corporación local acordou demandar dos Estados Unidos o levantamento do embargo a Cuba, a esixencia do respecto ás resolucións internacionais contra o ilegal bloqueo e a remisión do acordo ao Parlamento de Galicia e ao Consulado de Cuba en Galicia. O cónsul de Cuba en Galicia convidou aos representantes da corporación local a desprazarse ao seu país para establecer unha serie de lazos culturais e empresariais entre Cuba e Narón. O Concello, a través do Padroado da Cultura, mantén xa unha colaboración coa Universidade Ciego de Ávila, que participa habitualmente no Festival Internacional de Foclore que cada mes de xullo se celebra no Pazo da Cultura. O cónsul de Cuba entregou á alcaldesa un doble CD e un DVD do álbum Sacrilegio, do recoñecido pianista cubano Ernán López-Nussa, con varios temas de música clásica e popular e versións de temas de compositores como Beethoven ou Johann Sebastian Bach, entre outros. Pola súa parte, Marián Ferreiro fíxolle entrega a José Antonio Solana de varios agasallos institucionais.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es