Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O "XVI CERTAME DE HABANERAS DE NARÓN" CELEBRARASE O 14 DE ABRIL NO AUDITORIO MUNICIPAL
O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan a convocatoria, na que participarán catro agrupacións musicais
Narón, 12 de abril de 2018. O Auditorio municipal acollerá este sábado, día 14, a décimo sexta edición do Certame de Habaneras de Narón, organizado polo Padroado da Cultura e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, indicou que a cita, durante a que actuarán catro agrupacións, dará comezo ás 17.30 horas e que a entrada é de balde. Nesta ocasión actuarán ademáis da agrupación anfitriona, a Coral da Sociedade Cultural Areosa, o coro Son Astur, de Oviedo, e as rondallas de Cariño e Perla del Río, esta última de Fene. A edil de Cultura animou á veciñanza a asistir a esta convocatoria, “unha das máis consolidadas no calendario de certames musicais organizados na nosa cidade” e agradeceu o traballo da Sociedade Cultural Areosa por “manter viva ano tras ano esta celebración”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal