Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO CON VARIAS PROPOSTAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A Feira-mostra do libro de segunda man e a participación na campaña provincial Libros para sermos libres centran as propostas da cidade, tal e como apuntou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 23 de abril de 2018. A Biblioteca municipal acolle desde esta mañá os actos programados polo Concello para conmemorar o Día Internacional do Libro. Desde esta mesma mañá, tal e como recordou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, permanece instalado no exterior das instalacións un stand no que se poden coller –hoxe todo o día- publicacións da campaña Libros para sermos libres, impulsada a través da Deputación da Coruña. O Concello de Narón participa nesta segunda edición da convocatoria provincial xunto cunha trintena de municipios da Coruña, agasallando con libros entre as 9.30 e as 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas ás persoas que se acheguen hoxe á Biblioteca municipal. Se ben pola mañá o stand se localizou na entrada principal, pola tarde estará xunto ao acceso da Sala infantil, tal e como apuntou Taibo. Así mesmo, esta tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas, comezará a sexta edición da Feira-mostra do libro de segunda man. Esta iniciativa, impulsada pola Concellería de Bibliotecas, contará cun total de seis postos donde outras tantas persoas venderán ou trocarán libros de segunda man. Será na Sala da Biblioteca municipal e permanecerá operativa, na mesma zona e horario, ata o vindeiro venres, día 27, recordou a edil da área. “Desde o Concello animamos a tódalas persoas a visitar ao longo da semana esta Feira-mostra do libro de segunda man, unha excelente oportunidade para facerse con algún libro a bo prezo ou intercambialo cos responsables dos postos que participan na convocatoria”, asegurou Taibo. A edil naronesa recordou ademais que a maiores desta actividade que se prolongará varios días “hoxe as persoas que visiten a Biblioteca poderán levar como agasallo algunha das publicacións que nos entregou a Deputación da Coruña con motivo da campaña Libros para sermos libres”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal