Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA EN DOUS CURSOS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN
A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida explicou que as persoas interesadas nas accións formativas de Medio Ambiente e PRL no sector naval e de Traballos en altura e verticais poderán inscribirse ata o 1 de xuño
Narón, 25 de maio de 2018. A Concellería de Formación e Mocidade amplía o prazo de inscrición en dúas accións do Programa Municipal de Formación sobre Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais no sector naval –cunha edición pendiente, ao rematar a primeira- e Traballos en altura e verticais -dúas edicións-. Estas propostas, que se desenvolverán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, diríxense a persoas desempregadas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos, e pódense formalizar as inscricións a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica ata o vindeiro 1 de xuño. As persoas interesadas terán que cumprir unha serie de requisitos para poder realizar o curso, no caso de ser admitidos. Así o recordou a concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, ao explicar que ambos requiren a realización das accións formativas e a súa certificación e, a maiores, deberán acreditar que dispoñen da formación básica de 60 horas de Prevención de Riscos Laborais. A edición pendiente do curso de Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais será do 5 ao 8 de xuño -16 horas en total- e diríxese a un máximo de vinte alumnos/as. O curso de Traballos en altura e verticais, terá dúas quendas, unha do 11 ao 22 de xuño e outra do 25 de xuño ao 6 de xullo -40 horas cada unha- para un total de doce persoas en cada quenda. En ambos casos o alumnado seleccionarase por orde de inscrición, según recalcou a edil naronesa. Así mesmo, Hermida recordou que aínda quedan algunhas vacantes para o curso de soldadura TIG e MIG subvencionado cunha axuda do Fondo Social Europeo, a través do Ministerio de Presidencia e Administracións Territoriais, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. Esta acción formativa enmárcase no proxecto “Mocidade Narón Activa 4.0”, e diríxese a persoas desempregadas, empadroadas en Narón, e de entre 16 e 30 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de inscrición rematará tamén o vindeiro venres, 1 de xuño, podendo formalizarse ata esa data a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica. O curso de Soldadura TIG e MIG consta de 684 horas, teóricas e prácticas, e poderán facelo quince persoas. Os aspirantes terán que superar os requisitos esixidos de acceso (fase eliminatoria) e unha baremación (na que se valorarán a formación, experiencia, antigüidade no desemprego….) para posteriormente acudir a unha entrevista persoalizada e superar unha proba de aptitude médica. As persoas que desexen recibir máis información sobre estas tres accións formativas poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón -http://www.naron.es/web/docs/formacion/Proxecto-Formativo-Mocidade-Naron-Activa.pdf ou -http://www.naron.es/web/docs/formacion/Medio-Ambiente-PRL-Naval-Traballos-Altura-Verticais.pdf- ou chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 2602, 1123, 1120 ou 1107).

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es