Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA RECIBIRON NO CONCELLO Á NOVA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
Os representantes do goberno local destacaron o labor da entidade e ofreceron colaboración para continuar apostando polo comercio local, do que destacaron a súa calidade
Narón, 30 de maio de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu no Concello, xunto co edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, á nova directiva da Asociación de Comerciantes de Narón, recentemente renovada. A actual presidenta da entidade, María Yáñez –de Punto Dulce e que substitúe no cargo a Olga Ameneiro (Óptica Valero)- acudiu acompañada de parte do novo equipo, que integran Noelia Paz –Duende-, Eva Pena –Calzados Mara-, Alba Dopico –Óptica La Gándara-, Silvia Oreona –Bioreona-, Víctor Caneiro –Eventi- e Rocío Rodríguez –Centro de Bienestar y Belleza Rocío Rodríguez-. Ferreiro valorou a labor que desenvolve a asociación de comerciantes na cidade, así como as numerosas actividades nas que se implica activamente, en colaboración co Concello de Narón. Campañas de comercio, diversas causas solidarias, programas municipais como os Camiños Escolares Seguros, actividades do Nadal… son algúns dos exemplos que citou a alcaldesa froito dese traballo conxunto dirixido á veciñanza. A alcaldesa e o concelleiro agradeceron o labor realizado pola anterior directiva e deron a benvida ao novo equipo. Os representantes do goberno local ofreceron á entidade a colaboración da administración local “para continuar defendendo e apostando polo comercio local, cun moi bo servizo e diversificado en canto á súa oferta”, coincidiron en subliñar.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es