Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CANTAUTORA ROZALÉN PRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO O SEU ÚLTIMO DISCO, "CUANDO EL RÍO SUENA..."
O concerto, de aproximadamente hora e media de duración, comezará ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, e aínda quedan algunhas entradas dispoñibles
Narón, 4 de xuño de 2018. A cantautora Rozalén estará o vindeiro sábado, día 9, no Pazo da Cultura. Chega a Narón no marco da xira internacional de promoción do seu último traballo, Cuando el río suena…, que viu a luz o pasado ano. As últimas entradas dispoñibles están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O concerto comezará ás 20.00 horas e durará aproximadamente unha hora e media. As letras de Rozalén teñen unha marcada vertente persoal, con historias emotivas e que defenden os dereitos das persoas máis desfavorecidas. Cuando el río suena… foi Disco de Ouro e estreouse no segundo posto de listas de vendas en España, encabezándoas tan só unha semana despois. Un total de once temas integran este traballo, que se dará a coñecer tanto en España como noutros países europeos e latinoamericanos. Rozalén ten no mercado tres discos, editados nos anos 2013 –Con derecho a…- , 2015 –Quién me ha visto…- e este último, de 2017 –Cuando el río suena…-. A súa carreira musical xorde de nena e co paso dos anos foi ascendendo continuamente ata recibir numerosos recoñecementos e premios polos seus traballos. Colaborou con artistas do panorama nacional como Bebe, Luis Eduardo Aute, Miguel Bosé e outros recoñecidos profesionais da música.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal