Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABOROU COA ANPA DO COLEXIO PONTE DE XUVIA NUNHA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Un centenar de alumnas e alumnos de educación Infantil e Primaria participaron na plantación dunha docena de metrosideros
Narón, 19 de xuño de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse esta mañá ao paseo marítimo de Xuvia para participar nunha plantación dunha docena de árbores. O Concello e a ANPA do colexio Ponte de Xuvia coordinaron esta actividade, na que participaron un centenar de alumnas e alumnos do citado centro educativo. Os nenos e nenas, de tres aulas de Infantil e dúas de Primaria –de entre 3 e 7 anos- recibiron unha explicación ao inicio da actividade, ás 11.30 horas, sobre o mellor xeito de plantar árbores e tamén das características dos doce exemplares plantados, todos eles metrosideros. Unha vez que lles ofreceron as explicacións oportunas, o profesorado do colexio dividiunos en grupos para iniciar as tarefas de plantación, nas que se aplicaron todos os asistentes ata rematar a tarefa prevista. Marián Ferreiro agradeceu a implicación da ANPA e do resto da comunidade educativa do colexio Ponte de Xuvia por “apostar por este tipo de actividades formativas de carácter medioambiental, inculcándolles ás nenas e nenos a importancia de coidar e respectar o medio ambiente” e agradeceulles aos menores a súa participación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal