Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA CLASES E AULAS DE ENSAIO DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA
As actividades teñen un custo de 7,60€ ó mes.
A Concellería de Mocidade ten aberto o prazo de matrícula para as clases e aulas de ensaio da Escola de Música Moderna. O obxectivo xeral destas actividades será o de promover a música realizada polos grupos xoves que poidan amosar a súa expresión musical en centros cívico sociais, prazas, etc., ademais de promover a súa formación técnico-musical. Outros obxectivos mais concretos serán fomentar foros de encontro que propicien o troco artístico-musical entre novos grupos, xerar unha cultura musical entre os mais novos, realizar dúas clases maxistrais ó longo do curso para asentar contidos, ou “kedadas musicais” nas prazas e outros lugares públicos. As clases impartiranse en dous grupos, iniciación e perfeccionamento, e dividirán os seus contidos en torno ó coñecemento da guitarra, a percusión e o son. Estás dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, empadroados en Narón, e terán dous horarios posibles: os luns e xoves de 17 a 18 horas e os sábados de 11 a 13 horas. En canto as aulas de ensaio, poderán solicitarse polos grupos de música para calquera día de luns a venres, nunha marxe horaria de 10:00 a 14:15 horas pola mañá e de 17:00 a 21:15 horas pola tarde. Os grupos de música deberán ter como mínimo un membro empadroado en Narón. Todas as actividades realizaranse na aula de ensaio da Casa da Mocidade (A Gándara) e terán un custo de 7, 60€ ó mes. Os interesados deberán dirixirse ó Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, á Oficina Municipal de Información Xuvenil, ou chamar ó teléfono 981337700, extensión 258.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal