Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ACTOR JUAN ECHANOVE PROTAGONIZARÁ A OBRA ROJO NO PAZO, DONDE TAMÉN SE PODERÁ GOZAR DA BANDA MORGAN E DO ESPECTÁCULO ROCK EN FAMILIA: DESCUBRINDO A AC/DC
As entradas aínda dispoñibles para estes espectáculos poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 1 de maio de 2019. Os actores Juan Echanove e Ricardo Gómez subiranse este venres ao escenario do Pazo da Cultura para representar a obra Rojo, da compañía Teatro Español. A cita será a partir das 20.30 horas e as entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Mark Rothko, recoñecido representante do expresionismo abstracto, e o seu axudante enfróntanse a un reto que se lle plantexa ao artista: pintar uns murais que decorarán o elitista restaurante Four Seasons de Nova York. O traballo está moi ben pago pero o creador non acepta que o Pop Art, como novo movemento artístico, pise o seu legado. O sábado día 4 o Pazo acollerá o concerto de Morgan, unha banda creada en Madrid por Paco López, Ekain Elorza e Nina de Juan. No ano 2018 presentaron o seu novo disco, Air, cuxos temas se poderán escoitar o sábado a partir das 20.00 horas. As entradas teñen un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O disco, enmarcado no xénero rock, ten nove cancións deste grupo, un dos grandes trunfadores da undécima edición dos premios MIN (da música independente), cunha gala celebrada este mes en Madrid e na que a banda Morgan recolleu cinco dos seis galardóns aos que estaba nominada. A programación desta fin de semana no Pazo continuará o domingo, día 5, ás 18.00 horas, cunha proposta para o público familiar e infantil: Rock en familia: descubrindo a AC/DC, a cargo de Udra Producións. Este espectáculo musical fará gozar ao público da música en directo e descubrir cancións dos artistas e grupos máis relevantes dos xéneros pop e rock. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 euros para menores de 14 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal