Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO A TRAVÉS DO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE
As persoas interesadas en presentarse aos exames poderán tramitar a documentación nun prazo de vinte días naturais -contados dende onte- a través da Sede Electrónica do Concello
Narón, 11 de setembro de 2019. O Concello de Narón convoca unha praza de auxiliar administrativo (grupo C2) para o Padroado da Cultura. A través do sistema de concurso oposición libre seleccionarase a unha persoa para esta praza mediante un proceso que consta dunha fase de oposición e outra de concurso. As persoas interesadas en presentarse aos exames dispoñen dun prazo de vinte días naturais –contados dende onte- para presentar a documentación a través da Sede Electrónica do Concello. A fase de oposición constará de catro exercicios: un cuestionario de vinte preguntas curtas; o desenvolvemento dun tema do programa a elixir entre dous escollidos ao chou e unha proba de ordenador con Office 2013 Profesional no tempo establecido polo tribunal do exame. A maiores, haberá unha proba de galego que consistirá na traducción dun ou varios textos nun tempo dunha hora, e da que estarán exentos os aspirantes que posúan o título Celga 4. Así mesmo, a fase de concurso consistirá na valoración por parte do tribunal dos servizos prestados en administracións públicas e cursos impartidos por organismos públicos ou homologados por entidades públicas. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Sede Electrónica do Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal