Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU OS CONVENIOS DE CESIÓN DE SETENTA ORDENADORES A SETE ASOCIACIÓNS DA ZONA RURAL
Marián Ferreiro, que estivo acompañada no acto pola concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, agradeceu o traballo e a total colaboración das entidades do municipio co Concello
Narón, 27 de setembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá os convenios con representantes de entidades veciñais da zona rural de Narón para a cesión de ordenadores portátiles. Na convocatoria estivo tamén presente a concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida. Un total de sete asociacións de veciños recibirán setenta ordenadores –dez cada unha delas- para os seus locais: a Agrupación Veciñal de San Mateo, a AVV Os Irmandiños, do Val, a AVV Ceibe de San Xiao, a AVV Rosa dos Ventos, de Sedes, a AVV A Naveira, de Doso, a AVV Os Cruceiros, de Castro e a Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, de Pedroso. O convenio terá unha vixencia de catro, anos, prorrogables, e suporá a continuidade do asinado anteriormente. Os representantes das entidades entregaron no Concello os equipos vellos –que se lles cederan nese convenio anterior- e recibiron os novos ordenadores. A través destes acordos, tal e como indicou a alcaldesa, constátase “a colaboración do Concello coas entidades da nosa cidade, ás que tratamos de facilitar na medida do posible o desenvolvemento de actividades nas súas parroquias dirixidos á veciñanza”. A través da cesión dos equipos continuarán operativas as aulas de informática dos citados locais sociais, cuns horarios que se establecerán en función da apertura destes últimos. Ferreiro agradeceu durante o acto da sinatura “o gran labor que desenvolvedes as entidades veciñais do noso concello, neste caso particular as da zona rural, en canto á vosa total colaboración e dispoñibilidade para realizar ao longo do ano diferentes actividades e tamén para que parte dos programas e actividades impulsados desde o Concello poidan chegar ás veciñas e aos veciños das parroquias da zona rural desta cidade”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es