Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN EN OBRADOIROS DE "ROBÓTICA EDUCATIVA"
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que os obradoiros diríxense a menores de entre 8 e 14 anos escolarizados en Narón
Narón, 1 de outubro de 2019. A Concellería de Ensino, dirixida pola edil Mercedes Taibo, convoca dous obradoiros de Robótica educativa, integrados no Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex). As iniciativas, tal e como explicou a edil responsable da área, ofertan un total de trinta prazas, dez delas para nenas e nenos de 12 a 14 anos e as vinte restantes para menores de entre 8 e 11 anos escolarizados en centros de ensino de Narón. As persoas interesadas en anotarse poden facelo dende hoxe, e ata esgotar prazas, a través da Sede Electrónica do Concello, no Rexistro municipal –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas- ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 di 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As sesións impartiranse entre os meses de outubro e maio nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara. No caso do obradoiro dirixido a menores de 8 a 11 anos, formaranse dous grupos (de dez persoas cada un), un deles reunirase os luns, de 16.00 a 17.30 horas, e outro tamén os luns, pero entre as 17.30 e as 19.00 horas. O obradoiro dirixido a nenas e nenos de 12 a 14 anos será os mércores de 17.30 a 19.00 horas. A través destas convocatorias presentarase aos nenos e nenas a tecnoloxía dun xeito lúdico, aprendendo a través do xogo. Entre os contidos a abordar en ambos obradoiros están: a construción e programación de robots utilizando sistemas de Lego Wedo 2.0 e Lego EV3; resolución de problemas de programación, superación de retos de construción e programación e iniciación no Arduino a través de Makeblock. A tarifa establecida é de 8,15 euros ao mes, a reguladora da taxa polos servizos prestados dende o Servizo Sociocomunitario de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal