Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XOÁN GATO PRESENTA A SÚA RENUNCIA Ó CARGO DE ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE NARÓN
O Pleno tomará coñecemento da súa renuncia o vindeiro 20 de xaneiro.
Narón, 16 de xaneiro de 2009.- O que foi Alcalde de Narón durante 23 anos, Xoán Gato Díaz, entregou esta mañá no Rexistro Municipal a súa acta de Alcalde-Presidente do Concello, e con este acto administrativo fai oficial a renuncia á alcaldía do municipio. O procedemento continuará o vindeiro 20 de xaneiro, coa celebración (ás 12:00 horas) dun pleno extraordinario presidido pola 1ª Teniente de Alcalde, Angeles Díaz (PP) no que Xoán Gato cederá o bastón de mando ó segundo tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, Xose Manuel Blanco. A sesión plenaria servirá para que o Pleno tome coñecemento da súa renuncia ó cargo de Alcalde-Presidente do Concello, e á elección do novo Alcalde seguindo a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREX). Nese pleno tamén se entregará a acta de arqueo e inventario do patrimonio da Corporación. Un día despois, o mércores 21 de xaneiro, Xoán Gato seguirá o mesmo procedemento para renunciar á acta de concelleiro, entregándoa no Rexistro Municipal onde a recibirá o Secretario Xeral do Concello. O Pleno ordinario do 29 de xaneiro tomará conta da renuncia do exalcalde de Narón ó seu cargo de edil, e con esto darase por finalizada a etapa de Xoán Gato ó frente do Concello. Esta misma mañá, o Alcalde lembraba os 23 anos que pasou “adicado en corpo e alma a transformar unha aldea no que hoxe é unha cidade. Voume triste, pero tamén estou emocionado e teño o consuelo de que nestos anos non paramos de facer cousas”. Xoán Gato recurríu á palabra “ilusión” para calificar o que foi o seu traballo e o dos seus compañeiros ó fronte dos sucesivos gobernos municipais de Narón. Agradeceu publicamente o traballo dos seus compañeiros de partido nestas máis de duas décadas, e tamén o dos “funcionarios, sen os cales nada sería posible se non se sentiran ilusionados cos retos que lles íamos propoñendo ó longo destos anos”, dixo. As palabras máis sentidas foron, como non podía ser doutra maneira, para a súa familia “que me aguantou e sostivo nos malos momentos, e foi o meu auténtico apoio” finalizou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal